Entradas

Visita á exposición de arte

Imagen
 

Obradoiro de Biblioteca Creativa

Imagen
 Hoxe realizamos un obradoiro de Biblioteca Creativa, un programa no que estamos inmersos dende fai varios cursos, onde se fomenta que a biblioteca sexa  un espazo de creación, experimentación e innovación, máis alá do préstamo de libros. Este ano, tivemos a sorte de contar con Patricia e o seu equipo de "Trazos" que nos contou historias abraiantes e nos guiou nun obradoiro de creatividade.

O maravilloso mundo dos "bechos pau"

Imagen
O outro día, os nenos e nenas da clase de Delia, viñero a ensinarnos os seus insectos pau.  Tamén nos axudaron a facer unha manualidade con eles. Moitas grazas polo voso tempo!  

Facemos plastilina caseira

Imagen
 Esta semana fixemos plastilina caseira, unha actividade moi manipulativa e sensorial que podedes facer nas vosas casiñas para formar diferentes cores. Deixámosvos a receita:

Aí vén o maio!

Imagen
  Este maio fermoso, este maio florido, quedounos ben bonito, con tanto colorido. Entre todo o alumnado do colexio, fixemos dous maios preciosos. Moitas grazas pola vosa colaboración!

SAÍMOS NO CARANVEXO!

Imagen
  O Concello de Moaña pon a andar Caranvexo, a TV escolar de Moaña, co propósito de desenvolver un recurso de innovación educativa pensado como un proxecto colectivo, participativo e transversal para contribuír na construción dun ámbito educativo moañés, que vincule os diferentes centros educativos deste termo municipal. Este proxecto é sen ánimo de lucro e o acceso ao sitio web é gratuíto. A lingua de traballo e de comunicación desta plataforma é o galego co fin de dinamizar o seu uso oral. O alumnado, e o conxunto da comunidade educativa, ten á súa disposición unha ferramenta educativa na que pode elaborar un mundo propio na nosa lingua, que tamén potencie, coa produción de contidos, a creación de espazos de comunicación en galego. Velaquí tendes a nosa participación no Caranvexo TV!