Aínda que este inverno non nos deixa desfrutar moito ao aire libre, aproveitamos os momentos de aula para aprender xogando. Realizamos unha proposta con roupa de inverno onde reforzamos a autonomía persoal e a numeración. Fixemos neve artificial. Elaboramos unha obra de arte con pintura conxelada. Traballamos a direccionalidade arriba-abaixo "como a chuvia". Observamos os círculos concéntricos que forman as pingas de chuvia ao caer aos charcos e traballamos a forma xeométrica do círculo e os seus diferentes tamaños. Pintura libre coa música de Vivaldi e as súas "Catro estacións - o inverno-". Fixemos bonecos de neve para xogar. Descubrimos sabores e formas de alimentarnos de forma saudable con froitas de tempada.