"Inverno chuvioso"
Aínda que este inverno non nos deixa desfrutar moito ao aire libre, aproveitamos os momentos de aula para aprender xogando.
Realizamos unha proposta con roupa de inverno onde reforzamos a autonomía persoal e a numeración.
Fixemos neve artificial.
Traballamos a direccionalidade arriba-abaixo "como a chuvia".
Observamos os círculos concéntricos que forman as pingas de chuvia ao caer aos charcos e traballamos a forma xeométrica do círculo e os seus diferentes tamaños.
Fixemos bonecos de neve para xogar.
Comentarios
Publicar un comentario