Xaime e as landras.

Lembrades a historia de Xaime e as landras??


O protagonista intenta plantar unha landra, pero acontécenlle moitas dificultades inesperadas ata que por fín consigue que medre o seu carballo.



No patio tamén hai un carballo e alá fomos a investigar cal sería, cunha única pista: debaixo da árbore tería que haber moitas landras.

Conseguímolo!
E recolectamos todas as landras que atopamos!


Aínda, que como Xaime, nós tamén tivemos algún imprevisto.
Atopámonos co profe Alberto que nos conseguiu algunha noz e nos fixo moitas bromas.


Cando chegamos á aula, fixemos un experimento para observar cales afundían e cales flotaban, xa que si flotaban non valían para xermolar e debíamos desbotalas.


A verdade é que puidemos utilizar moitísimas. 
Que sorte!


Decoramos un vasiño de iogur para facer a nosa macetiña...


E con escuridade e humidade, a landra xa estaba preparada para medrar...


Tocaba ter moita paciencia ata ver os resultados...
....
e agardamos 5 meses ata que as sementes comezaron a xermolar!




Así que preparamos unhas macetas con material de refugallo para poder transplantalas e que estiveran máis cómodas. Para decorar os recipientes utilizamos a técnica de rasgado de papel.



E alá fomos a por terra á hortiña para proceder co noso obxectivo .




Un pouquiño de auga...


Tempo e paciencia para que medren carballos fortes que den sombra nos días de verán.




































Comentarios

Entradas populares de este blog

"Samaín"