Entradas
CONCERTO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
DÍA DA MULLER
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Para conmemorar o Día da Muller, traballamos a figura de mulleres importantes para a súa vida. A estas idades, sempre soe coincidir que todos mencionan as súas mamás. Falamos do que nos gusta de elas, que cousas fan por nós, como podemos colaborar nas tarefas que fan ... E escribimos o seu nome nun lazo morado que máis tarde formaría parte dunha instalación artística a nivel de centro. Ademais, traballamos a igualdade a través dos seguintes contos: Con este conto aproveitamos para realizar unha actividade de psicomotricidade fina na que se uniron algúns profes que por alí pasaban. E co profe Manu, aprendimos esta bonita canción.
A Patrulla de reciclaxe
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Co fin de educar e sensibilizar sobre a redución e a boa xestión dos residuos municipais, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha en 2023 o programa educativo “Ponte a zero”, dirixido aos centros de educación infantil, primaria e secundaria da provincia de Pontevedra. Este programa está desenvolvido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) a través dun convenio de colaboración coa Deputación. Como todos os anos, nós participamos das mesmas e desta volta, para Educación Infantil nos tocou aprender sobre a reciclaxe e sobre como podemos reutilizar aqueles elementos que nun principio, irían ao lixo. Todo isto a través dun conto onde os personaxes vivían en contenedores de lixo.
"Inverno chuvioso"
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Aínda que este inverno non nos deixa desfrutar moito ao aire libre, aproveitamos os momentos de aula para aprender xogando. Realizamos unha proposta con roupa de inverno onde reforzamos a autonomía persoal e a numeración. Fixemos neve artificial. Elaboramos unha obra de arte con pintura conxelada. Traballamos a direccionalidade arriba-abaixo "como a chuvia". Observamos os círculos concéntricos que forman as pingas de chuvia ao caer aos charcos e traballamos a forma xeométrica do círculo e os seus diferentes tamaños. Pintura libre coa música de Vivaldi e as súas "Catro estacións - o inverno-". Fixemos bonecos de neve para xogar. Descubrimos sabores e formas de alimentarnos de forma saudable con froitas de tempada.
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Este ano a nosa Canción da Paz, "O pozo de Arán", conecta coas lendas, neste caso unha lenda de orixen celta (irlandesa) que fala dun pozo sagrado onde un neno cego recupera a vista, simbolizando a unión da terra, o ceo e o mar. Un lugar onde non existe a escuridade, solo a esperanza e a paz que dende o cole de Seara queremos para o mundo.
Tempo de Nadal
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Así celebramos o noso primeiro Nadal no cole de Seara... Realizamos con moito cariño manualidades e postais para agasallar ás nosas familias: Xogamos nos obradoiros internivel con xogos de Nadal: Convertímonos en cociñeiros/as por un día, elaborando as nosas propias pizzas. Que boas que estaban! E disfrutamos da vista das súas Maxestades Os Reis Magos e dunha deliciosa chocolatada. Grazas á colaboración das mamás e dos papás que o fixeron posible! E por se aínda non escribístedes a vosa carta, déixovos aquí algunhas ideas: