Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

LAMBONADAS SAUDABLES

 

CONCERTO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Imagen
Este mércores gozamos do espectáculo organizado polos mestres/as da Escola de Música Municipal. Pasámolo pipa escoitando e cantando as cancións do conto "A mellor sopa de mundo" de OQO.  

DÍA DA MULLER

Imagen
  Para conmemorar o Día da Muller, traballamos a figura de mulleres importantes para a súa vida. A estas idades, sempre soe coincidir que todos mencionan as súas mamás. Falamos do que nos gusta de elas, que cousas fan por nós, como podemos colaborar nas tarefas que fan ... E escribimos o seu nome nun lazo morado que máis tarde formaría parte dunha instalación artística a nivel de centro. Ademais, traballamos a igualdade a través dos seguintes contos: Con este conto aproveitamos para realizar unha actividade de psicomotricidade fina na que se uniron algúns profes que por alí pasaban. E co profe Manu, aprendimos esta bonita canción.

A Patrulla de reciclaxe

Imagen
Co fin de educar e sensibilizar sobre a redución e a boa xestión dos residuos municipais, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha en 2023 o programa educativo “Ponte a zero”, dirixido aos centros de educación infantil, primaria e secundaria da provincia de Pontevedra. Este programa está desenvolvido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) a través dun convenio de colaboración coa Deputación. Como todos os anos, nós participamos das mesmas e desta volta, para Educación Infantil nos tocou aprender sobre a reciclaxe e sobre como podemos reutilizar aqueles elementos que nun principio, irían ao lixo. Todo isto a través dun conto onde os personaxes vivían en contenedores de lixo.