Pois xa levamos tres semanas de coñecer e coñecernos. Que rápido pasa o tempo! Así foron os nosos primeiros días no cole de maiores, xogando, celebrando, descubrindo...
Celebramos a semana de Samaín coñecendo personaxes da literatura infantil e as súas historias. Algúns das obras son as seguintes: Despois de cada representación do conto, realizamos unha actividade relacionada co argumento do mesmo. Creación dun lobo a través da técnica artística do "soprado": Experimentación libre a partires de diferentes texturas: Madalenas de cabaza: Déixovos por aquí a receita por si a queredes realizar cos peques: Obradoiros de luz negra: Búsqueda de pantasmas (asociación cor-número). Fixemos pulseiras para nós e preparamos outra para os compañeiros/as de 6º de Educación Primaria e así darlles o Migallo. (e nós fumos a 1º de Educación Primaria a polo noso Migallo) Xogamos e xogamos! E desfrutamos dunhas merendas monstruosamente deliciosas! Moitas grazas pola vosa colaboración en cada actividade que vos propoñemos!
Lembrades a historia de Xaime e as landras?? O protagonista intenta plantar unha landra, pero acontécenlle moitas dificultades inesperadas ata que por fín consigue que medre o seu carballo. No patio tamén hai un carballo e alá fomos a investigar cal sería, cunha única pista: debaixo da árbore tería que haber moitas landras. Conseguímolo! E recolectamos todas as landras que atopamos! Aínda, que como Xaime, nós tamén tivemos algún imprevisto. Atopámonos co profe Alberto que nos conseguiu algunha noz e nos fixo moitas bromas. Cando chegamos á aula, fixemos un experimento para observar cales afundían e cales flotaban, xa que si flotaban non valían para xermolar e debíamos desbotalas. A verdade é que puidemos utilizar moitísimas. Que sorte! Decoramos un vasiño de iogur para facer a nosa macetiña... E con escuridade e humidade, a landra xa estaba preparada para medrar... Tocaba ter moita paciencia ata ver os resultados... .... e agardamos 5 meses ata que as sementes comezaron a xermolar...
Comentarios
Publicar un comentario