Pois xa levamos tres semanas de coñecer e coñecernos. Que rápido pasa o tempo! Así foron os nosos primeiros días no cole de maiores, xogando, celebrando, descubrindo...
Celebramos a semana de Samaín coñecendo personaxes da literatura infantil e as súas historias. Algúns das obras son as seguintes: Despois de cada representación do conto, realizamos unha actividade relacionada co argumento do mesmo. Creación dun lobo a través da técnica artística do "soprado": Experimentación libre a partires de diferentes texturas: Madalenas de cabaza: Déixovos por aquí a receita por si a queredes realizar cos peques: Obradoiros de luz negra: Búsqueda de pantasmas (asociación cor-número). Fixemos pulseiras para nós e preparamos outra para os compañeiros/as de 6º de Educación Primaria e así darlles o Migallo. (e nós fumos a 1º de Educación Primaria a polo noso Migallo) Xogamos e xogamos! E desfrutamos dunhas merendas monstruosamente deliciosas! Moitas grazas pola vosa colaboración en cada actividade que vos propoñemos!
Comentarios
Publicar un comentario